• Inicio4
  • Inicio1
  • Inicio2
  • Inicio3

Inicio

Internet e en xeral as telecomunicacións constitúen o fenómeno socio-tecnolóxico deste final de século pasado, esta nova sociedade caracterízase polo ilimitado, rápido e barato acceso á información e polo desenvolvemento de métodos para captar devandita información.


Estamos nun mundo que cambia á velocidade e ao ritmo dos continuos avances científicos, nun marco de globalización económica e cultural, isto, e á rápida obsolescencia dos coñecementos e o xurdir de novos valores, provoca continuas transformacións nas nosas estruturas económicas, sociais e culturais, e incidindo en case todos os aspectos da nosa vida: o acceso ao mercado de traballo, a sanidade, a xestión burocrática, a xestión económica, o deseño industrial e artístico, o lecer, a comunicación, a información, o xeito de percibir a realidade e de pensar, a organización da empresas e institucións, os seus métodos e actividades, a forma de comunicación interpersoal, a calidade de vida, a educación. O gran impacto en todos os ámbitos da nosa vida fai cada vez máis difícil que podamos actuar eficientemente prescindindo das novas técnicas de comunicación.

 

Algúns se preguntan se estes novos xeitos da comunicación achegan algo esencial ou soamente forman parte dunha moda, a resposta dánnola os nosos propios alumnos, xa que os manexan e adáptanse a eles con toda naturalidade e sen complexos de ningún tipo.

 

Os métodos de ensino e aprendizaxe non variaron moito nos últimos 200 anos, pero a escola non pode limitarse a ser simple transmisor da información se non que o concepto de aula ten que ser redefinido e traspasar as limitación das catro paredes.

 

Esta páxina web que agora bota a andar constitúe unha pequena contribución á necesidade da información, e é unha aposta como instrumento de comunicación para tódala comunidade educativa.

 

Benvidos á páxina web do C.E.I.P. de Cabanas.

 

O director.